Hoxe fai 40 anos que cheguei a Carballo. O 1 de agosto de 1972 viñemos para esta parroquia catro curas xovenes Ramón Antelo Pena, Jesús Barrientos Lema, Manuel Rodriguez Rodríguez, e un servidor como moderador do Equipo sacerdotal
¡Xuntos fomos vivindo e facendo tantas cousas!. Por iso, ainda que o meu lema é “mirar para diante”, neste día quero volver a mirada atrás, e lembrar con humildade e gratitude todo canto coa axuda de Deus e a vosa colaboración fomos facendo e dar grazas a Deus noso Pai e a todos vos, irmáns carballeses.
No capítulo de obras:
Construción da Igrexa, Capela do Santísimo e Complexo parroquial, Santuario de San Cristovo, Capela dá Brea, recuperación dá propiedade do edificio no que esta o Centro Social, remodelación dos locais parroquiais e Casa Reitoral, adquisición dá Capela dá Milagrosa, e como broche de ouro o Ano Xubilar Mariano que estamos celebrando e a casa de Acollida “Fogar Dª Basilisa” que será a xoia dá coroa que ofrendaremos a Virxen. o día 2 de septembro.
-A Constitución do Consello Pastoral Parroquial, a organización da catequese, o funcionamento de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, a celebración dás Xornadas de Evanxelización, das Semanas dá Familia e dos Avós, as múltiples visitas dos Arcebispos Anxo Suquía, Antonio Rouco, Julián Barrio, do Nuncio do Papa Manuel Monteiro..., a Escola de formación de axentes de pastoral, o programa de Radio “A Voz da Igrexa”, a instalación de Radio María, a fervorosa vivencia dá Semana Santa, a fraternal visita que cada ano facemos ao Cemiterio, a solemnidade dás festas e procesións patronais e dá Milagrosa….
-Lembro especialmente a celebración dos 6.338 bautismos, 6.426 primeiras comunións, 5.247 confirmacións, 2.150 casamentos;tamén aos 2.831 defuntos, as múltiples celebracións de Misas e Sacramentos.
Por iso a todos vos, cristiáns de Carballo e de xeito especial a tantos xenerosos e leais colaboradores que vindes adicando tempo, esforzo e diñeiro a catequése, a Cáritas e as diversas actividades dá parroquia ¡Moitas grazas e que Deus volo recompense!
Un agradecemento especial para o equipo sacerdotal,que formamos D.Xosé Pumar (mestre ,amigo e conselleiro), Jesús Antelo , Daniel Pérez,.. que como amigos e irmáns vos estamos servindo .
Reitero a miña gratitude a Ramón Antelo, Jesús Barrientos, Manuel Rodríguez, Eduardo Prado,e os diáconos e seminaritas que por aquí pasaron nestes anos. Sigo recordando a D.Ismael Cozar Trujillo, P.Alberto Pazos Recarey..(q.e.p.d)
Tamén é de xusticia recoñecer con gratitude a magnifica colaboración que sempre tivemos de parte do Concello, Autoridades, Institucións e Asociacións dá Vila.Moitas grazas. Pola miña parte houbo sempre a mesma disponibilidade de colaborar buscando o ben común.
Son conscientes dous meus erros e omisións, polos que pido perdón a todos os que por un motivo ou outro poiden facer dano ou non axudar como éra debido. Confío acadar desta Comunidade a comprensión xenerosa. E perdoo de corazón a quén me poidera haber feito algún dano.
Ainda que non nacín aquí, síntome de corazón “fillo adoptivo” de Carballo, aquí enterrei aos meus pais, e aquí quero seguir ao voso servizo os anos que o Señor me concéda de vida, e ser enterrado ao seu lado .
Como a Virxen María,neste Ano Xubilar, digo de corazón “Magnificat” “proclama a miña alma as grandezas do Señor”.
¡Que Deus volo pague fregueses e veciños de Carballo!
Unha aperta
José García Gondar
Cura Párroco de Carballo
No hay comentarios:
Publicar un comentario