miércoles, 1 de agosto de 2012

«Síntome carballés e pai das xeracións sacerdotais»

O cura séntese agradecido pola acollida que tivo na vila e destaca que o que máis lle emociona e ver a solidariedade

01 de agosto de 2012

José García Gondar (1942), natural da parroquia de Oca, en A Estrada, cumpre hoxe corenta anos como párroco na igrexa de San Xoán Bautista de Carballo. Chegou á localidade cando as cousas eran ben distintas, por iso, para el o imprescindible é mirar cara diante e ir abrindo portas na vida, aplicando sempre unha mirada positiva a todo.

-¿Como era Carballo cando vostede chegou?
-Era moito máis pequeno, case un bosque. A zona de San Martiño, San Cristovo, mesmo o lugar onde se atopa o igrexario estaba todo con herba. Vin medrar Carballo, que pasou de ser unha vila pequena a unha cidade.

-¿Que outras cousas cambiaron dende os anos setenta?

-Houbo unha evolución do sistema educativo. Cando cheguei só estaba o Alfredo Brañas e logo comezouse a construír o Bergantiños, o Monte Neme, o Parga Pondal... Fíxose un gran labor de escolarización cos rapaces de zonas marxinais. Ademais, a igrexa estaba pechada e os actos litúrxicos facíanse nun salón, por iso penso que nestes anos se fixo unha misión importante de construción da igrexa e non só do edificio, senón tamén da comunidade relixiosa.

-¿Que ten Carballo de especial para que se quedase tantos anos como párroco?

-Eu dígolle a todos os peregrinos que somos moi boa xente a pesar da mala fama que nos poñen. Eu síntome un carballés máis, tiven boa acollida e tamén me sinto pai das xeracións sacerdotais. Non cambiaría Carballo por ningún lugar. Ademais atopeime cunha comunidade moi solidaria e os voluntarios de Cáritas fan un gran labor, sobre todo nestes duros tempos de crise.

-¿Pensa xubilarse aquí?
-Si, estarei aquí ata que poda.

GRAZAS CARBALLO. 40 ANOS XUNTOS CONSTRUINDO IGREXA

Hoxe fai 40 anos que cheguei a Carballo. O 1 de agosto de 1972 viñemos para esta parroquia catro curas xovenes Ramón Antelo Pena, Jesús Barrientos Lema, Manuel Rodriguez Rodríguez, e un servidor como moderador do Equipo sacerdotal

¡Xuntos fomos vivindo e facendo tantas cousas!. Por iso, ainda  que o meu lema é “mirar para diante”, neste día quero volver a mirada atrás, e lembrar con humildade e gratitude todo canto coa axuda de Deus e a vosa colaboración fomos facendo e dar grazas a Deus noso Pai e a todos vos, irmáns carballeses.

No capítulo de obras:

Construción da Igrexa, Capela do Santísimo e Complexo parroquial, Santuario de San Cristovo, Capela dá Brea, recuperación dá propiedade do edificio no que esta o Centro Social, remodelación dos locais parroquiais e Casa Reitoral, adquisición dá Capela dá Milagrosa, e como broche de ouro o Ano Xubilar Mariano que estamos celebrando e a casa de Acollida “Fogar Dª Basilisa” que será a xoia dá coroa que ofrendaremos a Virxen. o día 2 de septembro.
  
No aspecto pastoral:

-A Constitución do Consello Pastoral Parroquial, a organización da catequese, o funcionamento de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, a celebración dás Xornadas de Evanxelización, das Semanas dá Familia e dos Avós, as múltiples visitas dos Arcebispos Anxo Suquía, Antonio Rouco, Julián Barrio, do Nuncio do Papa Manuel Monteiro..., a Escola de formación de axentes de pastoral,  o programa de Radio “A Voz da Igrexa”, a instalación de Radio María, a fervorosa vivencia dá Semana Santa, a fraternal visita que cada ano facemos ao Cemiterio, a solemnidade dás festas e procesións patronais e dá Milagrosa….

-Lembro especialmente a celebración dos 6.338 bautismos, 6.426 primeiras comunións, 5.247 confirmacións, 2.150 casamentos;tamén aos 2.831 defuntos, as múltiples celebracións de Misas e Sacramentos.

Por iso a todos vos, cristiáns de Carballo e de xeito especial a tantos xenerosos e leais colaboradores que vindes adicando tempo, esforzo e diñeiro a catequése, a Cáritas e as diversas actividades dá parroquia ¡Moitas grazas e que Deus volo recompense!

Un agradecemento especial para o equipo sacerdotal,que formamos   D.Xosé Pumar (mestre ,amigo e conselleiro), Jesús Antelo , Daniel Pérez,.. que como amigos e irmáns vos estamos servindo .
     Reitero a miña gratitude a Ramón Antelo, Jesús Barrientos, Manuel Rodríguez, Eduardo Prado,e os diáconos e seminaritas que por aquí pasaron nestes anos. Sigo recordando a D.Ismael Cozar Trujillo, P.Alberto Pazos Recarey..(q.e.p.d)

Tamén é de xusticia recoñecer con gratitude a magnifica colaboración que sempre tivemos de parte do Concello, Autoridades, Institucións e Asociacións dá Vila.Moitas grazas. Pola miña parte houbo sempre a mesma disponibilidade de colaborar buscando o ben común.

Son conscientes dous meus erros e omisións, polos que pido perdón a todos os que por un motivo ou outro poiden facer dano ou non axudar como éra debido. Confío acadar desta Comunidade a comprensión xenerosa. E perdoo de corazón a quén me poidera haber feito algún dano.
      
      Ainda que non nacín aquí, síntome de corazón “fillo adoptivo” de Carballo, aquí enterrei aos meus pais, e aquí quero seguir ao voso servizo os anos que o Señor  me concéda de vida, e ser enterrado ao seu  lado . 
     Como a Virxen María,neste Ano Xubilar, digo de corazón “Magnificat” “proclama a miña alma as grandezas do Señor”.

     ¡Que Deus volo pague fregueses e veciños de Carballo!

Unha aperta

José García Gondar
Cura Párroco de Carballo