Desde hai 25 anos celebramos a Semana da Familia na primeira semana de maio.Nesta 25ª semana da familia, no ano xubilar , facemos unha invitación especial ás familias de Carballo:
Achegádevos unidos á Capela da Milagrosa para dar gracias, presentar a vosa familia á Virxe e gañar o xubileo
DOMINGO,29:
11,30 hs: Encontro dos nenos para reflexionar en torno á familia e á Nai
12,30 hs: Misa comezo Semana da Familia
LUNS, 30:
20,30 hs:Encontro de Confirmandos
MARTES,1:
12,30 hs: Celebración Primeiras Comunións
17,30 hs: Na Praza da Milagrosa: Ofrenda a Milagrosa/recital dos seguintes grupos de gaiteiros, cantareiras e grupos de baile:
-A.C.San Campio de Cances
-A.C.San Martín de Razo
-A.C.Lembranzas de Bergantiños
-A.C.Nemeth
-A.C.O Candil de Sísamo
-A.C.Bergantiños-Bértoa
-A.C. e Xuvenil Arume de Verdillo
MERCORES, 2:
20,30 hs: Encontro de confirmandos
Mesa redonda sobre:
-Presentación de REDMADRE: Asociación de apoio, asesoramento e axuda a muller para superar calquera conflicto surdido ante un embarazo imprevisto
-Presentación do “Proxecto de acollemento familiar”, a cargo de Cruz Vermella
XOVES, 3:
XOVES, 3:
12,00: Peregrinación (xubileo) do Colexio Artai: Misa na Igrexa Parroquial e Peregrinación a pé ata a Milagrosa.
20,30: Taller Pais/fillos: Para reflexionar xuntos sobre as posibilidades e riscos da Internet e novas tecnoloxías, a cargo da Garda Civil
VENRES, 4:
21,00:XUBILEO DAS PARROQUIAS E PROCESIÓNS DAS ANTORCHAS:
Desde o Colexio das Fillas da Caridade ata a Milagrosa coas imaxes da Virxe de cada igrexa nuhna carroza engalanada.Na Praza da Milagrosa oración polas familias, e ofrenda a Virxen.
SABADO, 5:
17,00: Igrexa Parroquial:Misa e bendición dos enfermos:Celebración Comunitaria da Unción dos Enfermos
20,00:Celebración do Sacramento da Confirmación
DOMINGO, 6:
12,30: Na Igrexa Parroquial:Misa-homenaxe ás nais
Mamás traede os vosos fillos e netos
Fillos invitade as vosas Mamás para que Maria Nai vos bendiga a todos
XUBILEO DO CATECISMO PARROQUIAL
Ao remate da Misa iremos nenos ,nais e catequistas ata a Milagrosa para ofrendar unha flor a Virxen e recibir a Medalla.
CONCURSO PARA REFLEXIONAR SOBRE DA FAMILIA NO ANO XUBILAR
Co fin de sumarse á celebración do Ano Xubilar Mariano e na 25 semana da Familia, a Asociación de Pais de Familia Católicos organiza un concurso aberto centrado no tema:“A FAMILIA QUE EU QUERO” que debe presentarse en soporte informático(Vídeo,
Power Point, etc.).
1- A QUEN SE DIRIXE?
A todos os estudiantes de: 2º, 3º, 4º de ESO, 1º e 2º de BACHARALATO, Ciclos Formativos de grado medio e CIPI de todos os centros educativos da comarca de Bergantiños.
2- COMO DEBE PRESENTARSE EL TRABAJO:
· En soporte informático:CD ou USB
· Pode conter imaxes, textos, música…
· De duración máxima 3 minutos
· Pode ser individual ou de grupo
· Ha de axustarse á temática do concurso
3- FORMA DE ENTREGA:
· En sobre pechado sen nome ,pero no que debe constar CONCURSO “LA FAMILIA QUE QUIERO”. Este sobre debe conter:
-O CD do traballo co pseudónimo escrito con rotulador ou nunha etiqueta se é un USB.
· Outro sobre pechado cos datos persoais seguintes: Nome e apelidos, teléfono, domicilio e dirección electrónica, nome do Centro Educativo.
4- LUGAR DE ENTREGA E DATA LÍMITE PARA A ENTREGA:
-No Despacho Parroquial de Carballo
-O prazo remata o día 30 de xullo de 2.012.
5- PREMIOS: Cónvocanse tre premios para os mellores traballos:
-Primeiro premio dotado con 300 Euros
-Segundo premio dotado con 200 Euros
-Terceiro premio dotado con 100 Euros
Todos os participantes recibirán un Diploma
6- XURADO:
-O xurado avaliador estará formado por representantes do Consello Parroquial, representantes de Pais de Familia Católicos e Medios de Comunicación.
-O xurado pode deixar sen adxudicar algún dos premios se considera non válidos os traballos presentados
No hay comentarios:
Publicar un comentario