domingo, 29 de abril de 2012

25 anos de pais católicos


        Os membros da directiva da Asociación de Pais de Familia Católicos desexan comezar esta celebración cunha cariñosa lembranza para os Presidentes xa falecidos CARMEN CANCELA E JESÚS OCHOA.

       Aínda que na celebración desta Semana da Familia cúmprense os vintecinco anos de constitución da Asociación de Pais de Familia Católicos, debemos recordar que unha constante preocupación do Equipo Sacerdotal e, dun xeito especial do párroco don Xosé García Gondar, foi a formación cristiá e cultural de todos os membros das Familias, de ahí que, con anterioridade á constitución da asociación de pais, se organizasen, ano tras ano, SEMANAS CULTURAIS E DE FORMACIÓN. É salientable que tanto nas Semanas da Familia  como nas Culturais falaron de temas de actualidade ou de interese xeral personaxes relevantes representantes de diversos estamentos da sociedade e cultura dos que seguidamente facemos mención:

        Personalidades da Igrexa para recordar “os valores cristiás na familia”:
        De Santiago de Compostela: Cardenal Suquía, Cardenal Rouco Varela, o actual Arcebispo D. Julian Barrios, D. Luis Quinteiro Fiuzo Bispo auxiliar, Bispos de Mondoñedo- Ferrol: Gea Escolano e Monseñor Araujo, Bispo de Lugo: Padre Gómez. Sacerdotes: D. Juan Filgueira, D.Luis Otero, D. Andrés García Vilariño, D. Javier Porro, D. Xaquín García de Dios (Xesuita), D, Andrés Torres Queiruga, D. Xosé Pumar Gándara, D. Benjamín Roo Moledo e o Padre Ángel que deixou como obra social unha vivenda tutelada de Mensaxeiros da Paz e  o Nuncio do Papa en España  Mons Antonio Monteiro de Castro.
  
        “Da Familia e coidados da saúde” falaron: Torre Iglesias, os carballeses e carballesas, Blanca García Varela, Mª Teresa Queiro, Antonio Gómez Pan, Juan Carlos Díaz del Valle, Loly Platas, José Manuel Lado Romero, Isabel Glez Lado, Alfonso Mariño, ademáis de Fausto Galdo e Pedreira Andrade de A Coruña.

        Para o tema “drogodependencias e familia” interviñeron: O Xuíz Gómez Taín, Ramón Gómez Crespo, Carmen Avendaño, Manuel Guerrero Merchán , Xosé Manuel Vázquez Gómez, Asociación ex - alcohólicos de A Coruña.

       Interviñeron para tratar dos “Medios de comunicación e familia”: Luis del Olmo, José Luis Blanco Campaña, Silvia Rozas,  Kiko Novoa.

       Para aclarar dúbidas e informar do “perigo  das sectas e a prevención nas familias” participou: Pilar Salarrullana.

       Membros de distintas Universidades e do mundo da cultura falan de patoloxías e problemática da vida en familia: Manuel Calvo Tojo, Jose Ramón Amor Pan, Figueiras Valverde, Alfonso Barca Lozano, Luis Antón Aparicio,  Elisardo Becoña Iglesias, Héctor Pose, Olga Díaz Fernández, Pilar Pastoriza, carballeses como Roberto Luciano Barbeito Iglesias e Margarita Barral.

        Tamén hai que mencionar a participación de Santiago González Brañas sobriño -    neto do carballés Alfredo Brañas autor do Rexionalismo.

        “A vida de familia é divertida” a cargo de:  Xosé Manuel Carballo, crego e
          humorista.

          Da vida política para informar de diversos temas participaron Conselleiras,Directores/as e Secretarios/as Xerais, como: Manuela López Besteiro, Corina Porro,  Manuel Aguiler, Teresa Rey,  Fernando Amarelo de Castro, Tareixa Novo, Mª José Ares, Gerardo Conde Roa.

          E cada catro anos mesa redonda con todos os  candidatos  á Alcaldía de  Carballo.

          Representantes da vida do deporte falaron do “Deporte e a familia”:
          Arsenio Iglesias, Irureta, Valerón , Vituco  Leirachá…

Tamén tiveron lugar concertos musicais, representacións taeatrais, e outros actos culturais, así como os Concursos de “Carta a miña Nai”, “Fotos de familia…”

Nos últimos anos a Semana da familia, ainda que sigue a contar con conferencias e actos culturais, a Semana quere ser una Semana para rezar pola familia, destacando a Procesión coas diversas imaxenes da Virxen das distintas parroquias, e a Celebración do día do Enfermo.

A TODOS O MÁIS SINCERO AGRADECEMENTO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario