Este domingo 29 de abril, a las 11,30 hs ha tenido lugar un encuentro con los niños del catecismo para reflexionar en torno a la familia y a la Virgen María. Posteriormente 12,30 hs se ha celebrado la Misa que da comienzo a la XXV Semana de la familia. Por ser este el día del Buen Partor, los niños del catecismo y los catequistas han regalado al párroco José García Gondar una oveja.
domingo, 29 de abril de 2012
25 anos de pais católicos
Os membros da directiva da Asociación de Pais de Familia Católicos desexan comezar esta celebración cunha cariñosa lembranza para os Presidentes xa falecidos CARMEN CANCELA E JESÚS OCHOA.
Aínda que na celebración desta Semana da Familia cúmprense os vintecinco anos de constitución da Asociación de Pais de Familia Católicos, debemos recordar que unha constante preocupación do Equipo Sacerdotal e, dun xeito especial do párroco don Xosé García Gondar, foi a formación cristiá e cultural de todos os membros das Familias, de ahí que, con anterioridade á constitución da asociación de pais, se organizasen, ano tras ano, SEMANAS CULTURAIS E DE FORMACIÓN. É salientable que tanto nas Semanas da Familia como nas Culturais falaron de temas de actualidade ou de interese xeral personaxes relevantes representantes de diversos estamentos da sociedade e cultura dos que seguidamente facemos mención:
Personalidades da Igrexa para recordar “os valores cristiás na familia”:
De Santiago de Compostela: Cardenal Suquía, Cardenal Rouco Varela, o actual Arcebispo D. Julian Barrios, D. Luis Quinteiro Fiuzo Bispo auxiliar, Bispos de Mondoñedo- Ferrol: Gea Escolano e Monseñor Araujo, Bispo de Lugo: Padre Gómez. Sacerdotes: D. Juan Filgueira, D.Luis Otero, D. Andrés García Vilariño, D. Javier Porro, D. Xaquín García de Dios (Xesuita), D, Andrés Torres Queiruga, D. Xosé Pumar Gándara, D. Benjamín Roo Moledo e o Padre Ángel que deixou como obra social unha vivenda tutelada de Mensaxeiros da Paz e o Nuncio do Papa en España Mons Antonio Monteiro de Castro.
“Da Familia e coidados da saúde” falaron: Torre Iglesias, os carballeses e carballesas, Blanca García Varela, Mª Teresa Queiro, Antonio Gómez Pan, Juan Carlos Díaz del Valle, Loly Platas, José Manuel Lado Romero, Isabel Glez Lado, Alfonso Mariño, ademáis de Fausto Galdo e Pedreira Andrade de A Coruña.
Para o tema “drogodependencias e familia” interviñeron: O Xuíz Gómez Taín, Ramón Gómez Crespo, Carmen Avendaño, Manuel Guerrero Merchán , Xosé Manuel Vázquez Gómez, Asociación ex - alcohólicos de A Coruña.
Interviñeron para tratar dos “Medios de comunicación e familia”: Luis del Olmo, José Luis Blanco Campaña, Silvia Rozas, Kiko Novoa.
Para aclarar dúbidas e informar do “perigo das sectas e a prevención nas familias” participou: Pilar Salarrullana.
Membros de distintas Universidades e do mundo da cultura falan de patoloxías e problemática da vida en familia: Manuel Calvo Tojo, Jose Ramón Amor Pan, Figueiras Valverde, Alfonso Barca Lozano, Luis Antón Aparicio, Elisardo Becoña Iglesias, Héctor Pose, Olga Díaz Fernández, Pilar Pastoriza, carballeses como Roberto Luciano Barbeito Iglesias e Margarita Barral.
Tamén hai que mencionar a participación de Santiago González Brañas sobriño - neto do carballés Alfredo Brañas autor do Rexionalismo.
“A vida de familia é divertida” a cargo de: Xosé Manuel Carballo, crego e
humorista.
Da vida política para informar de diversos temas participaron Conselleiras,Directores/as e Secretarios/as Xerais, como: Manuela López Besteiro, Corina Porro, Manuel Aguiler, Teresa Rey, Fernando Amarelo de Castro, Tareixa Novo, Mª José Ares, Gerardo Conde Roa.
E cada catro anos mesa redonda con todos os candidatos á Alcaldía de Carballo.
Representantes da vida do deporte falaron do “Deporte e a familia”:
Arsenio Iglesias, Irureta, Valerón , Vituco Leirachá…
Tamén tiveron lugar concertos musicais, representacións taeatrais, e outros actos culturais, así como os Concursos de “Carta a miña Nai”, “Fotos de familia…”
Nos últimos anos a Semana da familia, ainda que sigue a contar con conferencias e actos culturais, a Semana quere ser una Semana para rezar pola familia, destacando a Procesión coas diversas imaxenes da Virxen das distintas parroquias, e a Celebración do día do Enfermo.
A TODOS O MÁIS SINCERO AGRADECEMENTO!
XXV Semana da familia
Desde hai 25 anos celebramos a Semana da Familia na primeira semana de maio.Nesta 25ª semana da familia, no ano xubilar , facemos unha invitación especial ás familias de Carballo:
Achegádevos unidos á Capela da Milagrosa para dar gracias, presentar a vosa familia á Virxe e gañar o xubileo
DOMINGO,29:
11,30 hs: Encontro dos nenos para reflexionar en torno á familia e á Nai
12,30 hs: Misa comezo Semana da Familia
LUNS, 30:
20,30 hs:Encontro de Confirmandos
MARTES,1:
12,30 hs: Celebración Primeiras Comunións
17,30 hs: Na Praza da Milagrosa: Ofrenda a Milagrosa/recital dos seguintes grupos de gaiteiros, cantareiras e grupos de baile:
-A.C.San Campio de Cances
-A.C.San Martín de Razo
-A.C.Lembranzas de Bergantiños
-A.C.Nemeth
-A.C.O Candil de Sísamo
-A.C.Bergantiños-Bértoa
-A.C. e Xuvenil Arume de Verdillo
MERCORES, 2:
20,30 hs: Encontro de confirmandos
Mesa redonda sobre:
-Presentación de REDMADRE: Asociación de apoio, asesoramento e axuda a muller para superar calquera conflicto surdido ante un embarazo imprevisto
-Presentación do “Proxecto de acollemento familiar”, a cargo de Cruz Vermella
XOVES, 3:
XOVES, 3:
12,00: Peregrinación (xubileo) do Colexio Artai: Misa na Igrexa Parroquial e Peregrinación a pé ata a Milagrosa.
20,30: Taller Pais/fillos: Para reflexionar xuntos sobre as posibilidades e riscos da Internet e novas tecnoloxías, a cargo da Garda Civil
VENRES, 4:
21,00:XUBILEO DAS PARROQUIAS E PROCESIÓNS DAS ANTORCHAS:
Desde o Colexio das Fillas da Caridade ata a Milagrosa coas imaxes da Virxe de cada igrexa nuhna carroza engalanada.Na Praza da Milagrosa oración polas familias, e ofrenda a Virxen.
SABADO, 5:
17,00: Igrexa Parroquial:Misa e bendición dos enfermos:Celebración Comunitaria da Unción dos Enfermos
20,00:Celebración do Sacramento da Confirmación
DOMINGO, 6:
12,30: Na Igrexa Parroquial:Misa-homenaxe ás nais
Mamás traede os vosos fillos e netos
Fillos invitade as vosas Mamás para que Maria Nai vos bendiga a todos
XUBILEO DO CATECISMO PARROQUIAL
Ao remate da Misa iremos nenos ,nais e catequistas ata a Milagrosa para ofrendar unha flor a Virxen e recibir a Medalla.
CONCURSO PARA REFLEXIONAR SOBRE DA FAMILIA NO ANO XUBILAR
Co fin de sumarse á celebración do Ano Xubilar Mariano e na 25 semana da Familia, a Asociación de Pais de Familia Católicos organiza un concurso aberto centrado no tema:“A FAMILIA QUE EU QUERO” que debe presentarse en soporte informático(Vídeo,
Power Point, etc.).
1- A QUEN SE DIRIXE?
A todos os estudiantes de: 2º, 3º, 4º de ESO, 1º e 2º de BACHARALATO, Ciclos Formativos de grado medio e CIPI de todos os centros educativos da comarca de Bergantiños.
2- COMO DEBE PRESENTARSE EL TRABAJO:
· En soporte informático:CD ou USB
· Pode conter imaxes, textos, música…
· De duración máxima 3 minutos
· Pode ser individual ou de grupo
· Ha de axustarse á temática do concurso
3- FORMA DE ENTREGA:
· En sobre pechado sen nome ,pero no que debe constar CONCURSO “LA FAMILIA QUE QUIERO”. Este sobre debe conter:
-O CD do traballo co pseudónimo escrito con rotulador ou nunha etiqueta se é un USB.
· Outro sobre pechado cos datos persoais seguintes: Nome e apelidos, teléfono, domicilio e dirección electrónica, nome do Centro Educativo.
4- LUGAR DE ENTREGA E DATA LÍMITE PARA A ENTREGA:
-No Despacho Parroquial de Carballo
-O prazo remata o día 30 de xullo de 2.012.
5- PREMIOS: Cónvocanse tre premios para os mellores traballos:
-Primeiro premio dotado con 300 Euros
-Segundo premio dotado con 200 Euros
-Terceiro premio dotado con 100 Euros
Todos os participantes recibirán un Diploma
6- XURADO:
-O xurado avaliador estará formado por representantes do Consello Parroquial, representantes de Pais de Familia Católicos e Medios de Comunicación.
-O xurado pode deixar sen adxudicar algún dos premios se considera non válidos os traballos presentados
domingo, 15 de abril de 2012
Presentación de los niños Primera Comunión
Este domingo en la Misa del catecismo, se han presentando a los niños que van a hacer la Primera Comunión el 1 de mayo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)