martes, 16 de octubre de 2012

Escola de axentes de pastoral. Curso 2012/2013

Este lunes 15 de octubre empezou o O ITINERARIO DE FORMACION CRISTIÁ NA ESCOLA DE AXENTES DE PASTORAL EN CARBALLO. 

Imos comezar un novo curso na Escola de Formación de Axentes de Pastoral. 
Este ano temos unha novidade, vai dirixir todo o curso D. Andrés García Vilariño, Delegado Diocesano de Apostolado seglar, e ben coñecido por todos por estar xa outras veces connosco e por celebrar a Misa todos os domingos na Televisión Galega. 

Tamén estreamos nova metodoloxía, que será mais activa, con reunións de grupo e posta en común.

Queremos seguir facendo da escola un lugar de encontro, de reflexión, de traballo e sobre todo de misión. Por que se algo de verdade somos, como catequistas e cristiáns comprometidos, é linguaxe viva da nosa experiencia de Fe.

O apóstolo non ensina, senón que vive a Fe por e para o mundo de hoxe. Pois a isto é ao que te invitamos nesta escola, a ser portavoz da Boa Nova, heraldo do Evanxeo co teu bo facer e sabendo que contamos nesta tarefa coa axuda do Espírito Santo que é o que aviva o lume da fe. 



























 










No hay comentarios:

Publicar un comentario