miércoles, 26 de octubre de 2011

A poboación de centenarios é a que máis está crecendo

O médico do Centro Oncolóxico de Galicia ofreceu unha charla sobre os maiores na Semana dos Avós

José Iglesias | La Voz de Galicia

Alfonso Mariño Cotelo ofreceu onte unha charla na Semana dos Avós, que organiza a parroquia de Carballo. Pola mañá estivo en Radio Voz Bergantiños. Este carballés é o xefe do Servizo de Oncoloxía Radioterapéutica do Centro Oncolóxico de Galicia. 
-¿Cal é o estado de saúde dos maiores?
-Ao falar dos maiores hai unha serie de cousas que aclarar. Se un se pon a pensar e ve as cifras encóntrase con que a poboación de centenarios é a que máis está crecendo. 

-Precisamente acaba de morrer un centenario. Ata hai pouco ía andando ata a igrexa de Goiáns. 

-Precisamente de camiñar tamén temos que falar porque o segundo tramo de poboación que máis crece dos 80 aos 99 anos. Iso provoca problemas importantes porque o envellecemento causa disfuncións, deterioros funcionais que hai que evitar. Trátase de dar as claves para que se poida vivir con moita calidade de vida. Iso está demostrado. Un compañeiro dicíame que no ano 90 en Finlandia había 25 centenarios, pero o ano pasado censáronse 35.000. Iso é moi importante polos problemas que pode dar a asistencia sanitaria que hai que prestarlle a toda esta xente. 

-Vostede anda moito pola nosa terra de Bergantiños. Predica co exemplo.
-Eu penso que cada vez hai máis xente que recolle o que se lle di, porque cando un leva unha vida sá, camiña e fai unha dieta un pouco más saudable encóntrase mellor. Hai datos moi importantes comparando poboacións de persoas maiores, de cerca 80 anos. A utilización de osíxeno no sangue por parte dos que camiñan media hora ao día melloraba un 22 % e iso é unha barbaridade porque é unha enorme capacidade de rexuvenecemento.

-¿E subindo as escaleiras?
-Tamén se fai exercicio, aínda que eu non o fago. Veño de camiñar e subo polo ascensor.

-¿Qué podemos facer para previr enfermidades?
-O primeiro factor máis discapacitante e o tabaco, porque as enfermidades obstrutivas crónicas son as principais nos varóns. Nas mulleres non é así porque as que agora son maiores non accederon ao tabaco, pero tamén o será dentro duns anos. Tamén é importante coidar a dieta, porque a obesidade conleva a hipertensión, a diabete... É tomar o sol, porque aporta moita vitamina D. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario